Arquivos de Sin categoría

sitegi2

A Axencia de Certificación en Innovación Española (ACIE), acreditada por ENAC (Entidad Nacional de Acreditación), acaba de dar o seu aval ao proxecto Sitegi desenvolvido dende 2011 por Extraco en colaboración con varias empresas galegas e a Universidade de Vigo. Concretamente, rematouse o proceso de certificación da anualidade 2012, de acordo coa Norma UNE 166.001 [...]

ler máis...
minas1

A implantación en Galicia dun novo máster sobre xeoinformática recibiu o apoio expreso e formal de Extraco. Este máster, impulsado pola Universidade de Vigo, desenvolveríase en colaboración coa Universidade da Coruña, con docentes da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de Vigo e da Facultade de Informática da Coruña. O programa impartiríase en dous [...]

ler máis...
DIPLOMA

A Universidade da Coruña (UDC) ven de recoñecer o compromiso e colaboración de Extraco en proxectos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación impulsados pola institución académica. A entidade organizou o pasado mes de decembro no edificio da Reitoría a xornada “A UDC coas empresas: éxitos acadados e novas oportunidades de colaboración”. Francisco Javier Prego Martínez, en [...]

ler máis...
PORTADA_XARDINS_ALLARIZ

A quinta edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que posibilitou hai un lustro a recuperación dunha área de 20.000 metros cadrados na ribeira do río Arnoia, no contorno do Portovello, contou nesta ocasión co patrocinio de Extraco. O certame pechouse no mes de novembro tras exhibir desde maio unha ducia de propostas paisaxísticas, [...]

ler máis...
foto

Extraco atópase actualmente inmersa no proceso de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), unha obra adxudicada pola Xunta de Galicia á Unión Temporal de Empresas (UTE) da que forma parte xunto con Vías y Construcciones S.A. e CRC. Segundo recolle o proxecto constructivo, a superficie útil será de 47.864 m2 e a construída [...]

ler máis...
EDAR_ARCADE_2_REUC

Extraco colabora co Concello de Soutomaior (Pontevedra) nunha interesante iniciativa educativa tendente a fomentar o coñecemento dos ecosistemas mariños entre escolares. O apoio da compañía ourensá está directamente relacionado coa xestión da Estación Depuradora de Augas Residuais situada na localidade de Arcade, que depende da UTE formada por Extraco e Asteisa. Técnicos da construtora guían [...]

ler máis...
situação dos pilares da ponte Dona Maria I

O conselleiro delegado de Extraco, Javier Leandro Prada, asinou días atrás un novo contrato de notable envergadura en Portugal, concretamente na rexión do Algarve, para a rehabilitación e reforzo estrutural da ponte de Dona María, na localidade de Lagos. A obra está previsto que empece no mes de setembro, cun prazo de execución de oito [...]

ler máis...
Pasarela Arcade

Unha pasarela aérea sobre piares metálicos fincados serviu para conectar a área de lecer existente no peirao de Arcade coa histórica ponte medieval que cruza o río Verdugo nesta localidade pontevedresa. Extraco completou recentemente esta actuación, promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Soutomaior. Os materiais empregados foron aluminio de calidade naval [...]

ler máis...
Piscina Olmedo

A vila castelá de Olmedo goza este verán dun complexo de piscinas que se acaba de reformar, nunha actuación executada por Extraco e financiada de xeito conxunto polo Concello da localidade e a Deputación de Valladolid. A obra, que terá unha segunda fase tras o período estival, supuxo importantes melloras no aparcamento, no edificio de [...]

ler máis...
Foto Rallye Ourense Miguel Villar jun-13  REDUCIDA

A 47ª edición do Rally de Ourense-Ourense Termal, que se celebrou os pasados días 13 e 14 de xuño, contou un ano máis coa colaboración de Extraco, que facilitou á organización diferentes elementos para garantir a seguridade ao longo do percorrido. Concretamente, a empresa puxo a disposición dos promotores deste evento barreiras new jersey, conos [...]

ler máis...