Novas

Renovado por catro anos o contrato de conservación de estradas autonómicas en Ourense

Unha UTE participada por Extraco logrou recentemente a renovación por catro anos do contrato de conservación da rede de estradas da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.

O contrato comprende funcións como as campañas de reforzo e mellora do firme, roza, sinalización e vialidade invernal.

Unha delegación da Administración autonómica realizou precisamente unha visita ás instalacións de Extraco en Ourense para agradecer o esforzo da compañía á hora de acometer este inverno os traballos de vialidade invernal.

Extraco mantivo mobilizados ou en alerta permanente a persoal e equipos durante moitas xornadas. Quitaneves dotadas de saleiros e espalladores de salmoira, vehículos lixeiros, furgonetas e maquinaria pesada con camións e retroescavadoras de apoio, percorreron durante días boa parte das estradas da Xunta para que estiveran operativas.

Voltar