Aínda que o escenario internacional é un dos piares nos que se basean as expectativas de crecemento de Extraco S.A., a súa actividade en España conforma o principal sustento da empresa e a raíz da súa actual fortaleza. O interese estratéxico por incrementar o seu nivel de competitividade no mercado nacional levouna a diversificar a súa estrutura sectorial mediante a participación activa en diferentes organizacións ou unións temporais.
Concesións administrativas
Aucel S.A.
Creada no ano 2009, esta sociedade construiu e explota a vía de alta capacidade que enlaza a Autovía das Rías Baixas-A-52 coa localidade de Celanova (Ourense).
Concesionaria Santiago-Brión S.A.
Constituída para a construción e explotación da autovía AG-56 Santiago-Brión, de 15 km de lonxitude, e que inclúe a variante que une a poboación das Galanas (N-550) con Pardiñas (AG-52).
Empresas de construcción
Ged Integral S.A.
Con sede social en Cáceres e constituída en 2002, dedícase a todo tipo de obras e servizos, tanto no sector da construción como de áreas medioambientais. A empresa conta cun cualificado equipo técnico e de xestión. Elabora estudos de impacto ambiental para administracións públicas, empresas e particulares.
Especializada en proxectos de restauración ambiental, traballos silvícolas e forestais, reforestacións, zonas verdes, parques, xardíns e áreas de ocio e recreo.
Enerxía
Parque fotovoltaico “El Robledo 10″
Parque solar situado en Ciudad Real, cunha potencia total instalada de 96 KW e unha superficie de 0,4 hectáreas.
Outras
Turismo de Ourense S.A.
Foi constituída en 2009, co obxectivo de xestionar e promover todos aqueles servizos que contribúen ao desenvolvemento turístico e a construción, explotación, comercialización e investigación de equipamentos e infraestruturas hoteleiras e de restauración. Sociedade impulsada dende o Concello de Ourense.