Que somos
Empresa do sector de construción e servizos, con sede social en Ourense e con notable implantación en toda España. Actúa como contratista principal e realiza todo tipo de obras ou servizos do seu ámbito, tanto no sector público como no privado.
Dende a súa constitución soubo adaptarse ás esixencias evolutivas e innovacións tecnolóxico-sectoriais e permanecer entre as 50 empresas construtoras con maior nivel de facturación e presenza en todo o territorio español.
Estructura e recursos humanos
Actividade
Entre os seus traballos e fitos máis significativos figuran a súa participación en obras como liñas de alta velocidade ferroviaria, autovías e outros equipamentos de notable envergadura, así como o inicio do seu proceso de internacionalización no ano 2010.
No período máis recente gañou especial peso dentro da compañía a actividade de I+D+i e a preocupación polo medio ambiente, valores que se converteron nun dos principais sinais de identidade de Extraco S.A.