Calidade

Calidade, medio ambiente e prevención

Consciente do compromiso que contrae cos seus clientes e para dar estrito cumprimento aos requisitos legais, á prevención de accidentes e/ou incidentes e á implicación da empresa coa protección do medio ambiente, estableceu na súa organización un Sistema Integrado baseado nas normas de Calidade UNE-EN ISO 9001, Medio Ambiente UNE-EN ISO 14001 e Seguridade e Saúde OHSAS 18001, todas elas certificadas por AENOR cos números ER-0739/2000, GA-2002/0122 e SST-0195/2009.

O Sistema Integrado ten como obxectivos buscar en todo momento a mellora continua da metodoloxía implantada en todos os aspectos da empresa, asegurar a protección da saúde dos traballadores en todas as actividades e procesos e informar, formar e sensibilizar aos seus empregados para traballar con seguridade e baixo os estándares de calidade e medioambiente marcados.

No seu afán por fomentar a ética empresarial entre os seus traballadores, provedores e subcontratistas, Extraco S.A. está adherida, dende o ano 2011, ao Pacto Mundial das Nacións Unidas. Este pacto é unha iniciativa das Nacións Unidas de carácter voluntario e na que as empresas asociadas asumen como unha parte da súa estratexia e das súas operacións os dez principios universalmente aceptados en catro áreas temáticas: dereitos humanos, estándares laborais, medio ambiente e anticorrupción. Permite levar a cabo accións que apoien os obxectivos de desenvolvemento de Nacións Unidas, como por exemplo os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM).

Así mesmo, a empresa, sensibilizada coa importancia de incorporar dun xeito inmediato aos seus procesos os últimos avances tecnolóxicos para mellorar a súa competitividade e ofrecer un sistema de produción innovador, obtivo unha certificación en I+D+i baseada na norma UNE-EN ISO 166002, certificada por AENOR co número IDI-0021/2011.

A empresa posúe tamén o certificado de Sistemas de Xestión Enerxética, de acordo coa norma UNE-EN ISO 50001, certificado por AENOR co número GE-2015/0028.

Desempeño Ambiental.

EXTRACO, S.A. mantén o seu compromiso co Medio Ambiente, tendo en conta a Lexislación vixente de aplicación e os requisitos doutras partes interesadas. É por iso que, anualmente, realiza a avaliación e análise do seu Desempeño Ambiental  do que obtén todos os seus aspectos significativos, relativos ás actividades que realiza e que se converten en obxectivos ambientais, pechando o seu ciclo de Mellora Continua.

 

En 2019 a empresa pensou valorizar os residuos de fresado de estradas na súa planta de produción de firmes, situada en Allariz, Ourense. Ese ano iniciáronse os trámites para converterse en xestora autorizada para este tipo de residuos. No ano 2020 o expediente atópase na fase final de aprobación por parte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, á espera da súa autorización definitiva. No primeiro semestre de 2021 a empresa conta con iniciar a súa actividade de xestión neste ámbito.

Política de Calidad

España

Perú

         Alcance del SIG

         Política SIG