Novas

Apoio de Extraco ao proxecto educativo “Un mar de saberes” do Concello de Soutomaior

Extraco colabora co Concello de Soutomaior (Pontevedra) nunha interesante iniciativa educativa tendente a fomentar o coñecemento dos ecosistemas mariños entre escolares.

O apoio da compañía ourensá está directamente relacionado coa xestión da Estación Depuradora de Augas Residuais situada na localidade de Arcade, que depende da UTE formada por Extraco e Asteisa. Técnicos da construtora guían a escolares (na imaxe a visita de alumnos de Sexto de Primaria do colexio público Manuel Padín Truiteiro de Arcade) polas instalacións da planta para coñecer o proceso de tratamento das augas fecais antes do seu vertido ao mar.

O proxecto educativo denomínase Un mar de saberes e está sendo promovido polo Concello de Soutomaior, con financiamento do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo-A Guarda, e desenvolvido pola Cooperativa Trespes. As visitas compleméntanse con percorridos a pé pola costa de Arcade para informarse sobre a fauna, flora e as características dos ecosistemas do fondo da Ría de Vigo.

Voltar