Novas

A vía principal do Milladoiro luce a súa humanización

Humanización do Milladoiro

A localidade do Milladoiro, no concello de Ames (A Coruña), amosa este verán a profunda transformación da súa arteria principal, a N-550, tras completar o ambicioso proxecto de humanización executado por unha UTE participada por Extraco.

A obra, contratada polo Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, supuxo un redeseño do espazo público, ampliación de beirarrúas, creación dun itinerario peonil accesible e un carril ciclista, zonas axardinadas, reordenación de interseccións e accesos, e acondicionamento de dúas glorietas.

Esta humanización implicou tamén que a estrada se quedara cun único carril por cada sentido de circulación para o tráfico rodado.

Voltar