Novas

Extraco executa as obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Extraco atópase actualmente inmersa no proceso de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), unha obra adxudicada pola Xunta de Galicia á Unión Temporal de Empresas (UTE) da que forma parte xunto con Vías y Construcciones S.A. e CRC.

Segundo recolle o proxecto constructivo, a superficie útil será de 47.864 m2 e a construída de 53.941 m2. A obra aborda a execución dun novo bloque de hospitalización, que constará dunha área de servizos xerais, e a ampliación e dotación de aparcadoiros.

Voltar