Novas

Extraco patrocinou o Festival Internacional de Xardíns que exhibiu desde maio unha decena de propostas en Allariz

A quinta edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que posibilitou hai un lustro a recuperación dunha área de 20.000 metros cadrados na ribeira do río Arnoia, no contorno do Portovello, contou nesta ocasión co patrocinio de Extraco.

O certame pechouse no mes de novembro tras exhibir desde maio unha ducia de propostas paisaxísticas, dúas delas fóra de concurso. Ao festival concorreron ao redor de medio centenar de autores, entre os que resultaron seleccionados dez creadores provenientes de distintas provincias españolas e países como Francia, Austria, Italia e Corea. O xardín gañador da edición anterior e un deseño realizado expresamente por escolares completaron a área expositiva.

Extraco sumou este apoio á considerable nómina de actividades culturais e deportivas coas que colabora no marco do seu compromiso social.

Voltar