Novas

Extraco ampara a implantación en Galicia dun máster universitario sobre xeoinformática

A implantación en Galicia dun novo máster sobre xeoinformática recibiu o apoio expreso e formal de Extraco. Este máster, impulsado pola Universidade de Vigo, desenvolveríase en colaboración coa Universidade da Coruña, con docentes da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de Vigo e da Facultade de Informática da Coruña.

O programa impartiríase en dous semestres e comprendería un amplo abano de materias, entre as que destacan xeomática fundamental, fundamentos de tecnoloxías da información e da comunicación, tratamento de bases de datos xeoespaciais, xeocomputación e xeovisualización, procesamento de imaxes remotas, redes de sensores sen fíos, e sistemas GIS aplicados a dispositivos móbiles e contornos web. O curso académico completaríase cun traballo fin de máster e prácticas en empresas.

Na carta de apoio remitida á Universidade, Extraco destaca a relevancia do plan de estudos confeccionado polos centros universitarios e o seu posible impacto sobre o tecido produtivo galego a partir do curso 2015/2016.

Voltar