Arquivos de Sin categoría

situação dos pilares da ponte Dona Maria I

O conselleiro delegado de Extraco, Javier Leandro Prada, asinou días atrás un novo contrato de notable envergadura en Portugal, concretamente na rexión do Algarve, para a rehabilitación e reforzo estrutural da ponte de Dona María, na localidade de Lagos. A obra está previsto que empece no mes de setembro, cun prazo de execución de oito [...]

ler máis...
Pasarela Arcade

Unha pasarela aérea sobre piares metálicos fincados serviu para conectar a área de lecer existente no peirao de Arcade coa histórica ponte medieval que cruza o río Verdugo nesta localidade pontevedresa. Extraco completou recentemente esta actuación, promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Soutomaior. Os materiais empregados foron aluminio de calidade naval [...]

ler máis...
Piscina Olmedo

A vila castelá de Olmedo goza este verán dun complexo de piscinas que se acaba de reformar, nunha actuación executada por Extraco e financiada de xeito conxunto polo Concello da localidade e a Deputación de Valladolid. A obra, que terá unha segunda fase tras o período estival, supuxo importantes melloras no aparcamento, no edificio de [...]

ler máis...
Foto Rallye Ourense Miguel Villar jun-13  REDUCIDA

A 47ª edición do Rally de Ourense-Ourense Termal, que se celebrou os pasados días 13 e 14 de xuño, contou un ano máis coa colaboración de Extraco, que facilitou á organización diferentes elementos para garantir a seguridade ao longo do percorrido. Concretamente, a empresa puxo a disposición dos promotores deste evento barreiras new jersey, conos [...]

ler máis...
Sitegi

Un consorcio de empresas entre as que se atopa Extraco acaba de completar con éxito un ambicioso proxecto de investigación para mellorar a seguridade en estradas e abaratar o custo de mantemento destas e outras infraestruturas. En colaboración coa Universidade de Vigo, Extraco e outras catro compañías galegas desenvolveron o proxecto Sitegi, que foi presentado [...]

ler máis...
Cuadro Expansión

Expansión situou á construtora Extraco no posto 14 do listado das 50 empresas máis competitivas de mediana dimensión en España, baseándose no estudo elaborado polo Círculo de Empresarios e a consultora ATKearney ‘Las 50 empresas medianas españolas, selección de casos de éxito’. A información do prestixioso xornal económico clasifica as compañías de referencia polo seu [...]

ler máis...
PENACOVA

Operarios de Extraco-Portugal afrontan desde hai uns días os traballos de reconstrución e fixación dun noiro na localidade portuguesa de Penacova, concretamente na zona de Foz de Caneiro, na estrada nacional 110 (EN 110). A obra foi adxudicada con carácter urxente por Estradas de Portugal (EP) despois de que o pasado 15 de xaneiro se [...]

ler máis...
CARCEL

Extraco desenvolve os traballos de ampliación do cárcere de Colón, en Panamá, tras ser adxudicataria da obra que impulsa o Ministerio de Gobierno y Justicia do país centroamericano, cun anteproxecto que foi realizado pola Dirección de Arquitectura e Ingeniería panameña. . O proxecto contempla a construción de novos edificios nos que se distribuirán diferentes áreas: [...]

ler máis...
CANAL ISABEL II

Canal de Isabel II Gestión (CYIIG), empresa responsable do ciclo integral da auga da Comunidade de Madrid, trasladou unha felicitación expresa a Extraco pola correcta execución dunha obra de renovación da rede de abastecemento nunha urbanización de Collado Villalba. En concreto, responsables da citada compañía fixéronse eco da satisfacción dos residentes na urbanización, transmitida a [...]

ler máis...

A construtora Extraco contratará un técnico especializado e un xefe de administración para desenvolver novas obras en Centroamérica, concretamente en Panamá. O perfil de técnico especializado para o que se oferta emprego é o de enxeñeiro de camiños, canais e portos, con ampla experiencia demostrada na edificación, ou arquitecto técnico. Necesítase que teña coñecemento do [...]

ler máis...