Novas

O Ministerio de Economía y Competitividad outorga a Extraco o selo ‘Peme Innovadora’

O Ministerio de Economía e Competitividade-Mineco outorgou a Extraco o selo ‘Peme Innovadora’, unha identificación da que poderá facer uso oficialmente ata que finalice decembro de 2018.

Este título implica un recoñecemento á súa decidida aposta pola innovación, o que posibilita a súa inscrición no Registro de Pemes Innovadoras do Mineco e o acceso a liñas específicas de financiamento.

A aposta da empresa pola investigación, coa súa participación en diferentes proxectos de I+D+i, sustentou a resolución favorable da Dirección General de Innovación y Competitividad, que entre os requisitos para acceder a este selo contempla que as compañías recibisen financiamento público no últimos tres anos a través de diferentes convocatorias de axudas e proxectos de I+D, ou que demostrasen o seu carácter innovador mediante a súa propia actividade.

Extraco conta cun Departamento propio de I+D+i, creado en 2009 para coordinar e sistematizar as actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica realizadas pola empresa. Para iso desenvolveuse e púxose en marcha un Sistema de Xestión de I+D+i segundo a norma UNE 166002 na organización, certificado por AENOR e auditado anualmente.

 

Voltar