Novas

Aenor certifica a actualización do Sistema de Xestión de I+D+i de Extraco

A Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor) avalou a actualización e adecuación do Sistema de Xestión de I+D+i de Extraco á nova norma UNE 166002:2014, que substitúe á anterior UNE 166002:2006.

Concretamente, o novo selo acredita que a empresa dispón dun sistema de xestión de I+D+i conforme á normativa actual dedicado ao aproveitamento e reciclaxe de materiais e eliminación de residuos aplicados naprodución de mesturas bituminosas; dispositivos de seguridade viaria; tecnoloxía e inspección de infraestruturaslineais e estradas, e control da corrosión no formigón armado.

Así mesmo, consciente do compromiso contraído cos clientes e para cumprircos requisitos legais, a prevención de accidentes e a súa implicación na protección do medio ambiente, Extraco ten implantado na súa organización un Sistema Integrado de Xestión, certificado tamén por Aenor, baseadas nas normas de Calidade UNE 9001, Medio Ambiente UNE 14001, Seguridade e Saúde OHSAS 18001 e Xestión Enerxética UNE 50001.

Voltar