Novas

Reparación da emblemática Ponte do Milenio de Ourense

Extraco iniciou a reparación da Ponte do Milenio, en Ourense, para mellorar a imaxe estética da infraestrutura e corrixir determinadas deficiencias detectadas na mesma. Esta actuación está promovida pola Axencia Galega de Infraestruturas, e a súa máxima responsable, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, xa supervisou persoalmente os traballos durante os primeiros días de execución.

Como accións de carácter estrutural inclúense a inxección e selado de fisuras e xuntas, a colocación dunha nova capa de rodaxe e a eliminación de corrosión e humidades. Entre os traballos especificamente de conservación destacan a aplicación dunha pintura antigrafitis, a reparación do sistema de iluminación e a eliminación de vexetación.

Todas as solucións adoptadas neste proxecto están encamiñadas a recuperar un grao de conservación adecuado e a transmitir unha boa imaxe da ponte, icona da cidade e importante reclamo turístico pola vista que se ten do río Miño desde a súa pasarela peonil.

 

Voltar