Novas

Visita presidencial ás obras que executa Extraco no Perú

Unha das obras que executa Extraco en Perú recibiu recentemente unha visita presidencial. Ollanta Humala, presidente en funcións do país, xunto con outros representantes do Ministerio de Educación peruano, comprobou en persoa os avances na construción do colexio I.E. Juan Manuel Iturregui, na rexión de Lambayeque.

A previsión de Extraco é que o centro educativo, cuxas obras se iniciaron o pasado outono, poida ser inaugurado o próximo 15 de xullo.

Este colexio non é o primeiro que Extraco constrúe no país andino. De feito, atópase tamén desenvolvendo as obras de adecuación, mellora e substitución do centro Ventura Ccalamanqui, en Barranca (Lima), e tomou parte en actuacións de mellora e ampliación de servizos educativos na provincia de Chumbivilcas (Cusco), concretamente nos distritos de Santo Tomás, Llusco e Quiñota.

Voltar