Novas

Extraco mobiliza os equipos quitaneves para as estradas de Ourense

A empresa Extraco ten xa toda a maquinaria preparada e dispoñible para o mantemento invernal das estradas na provincia de Ourense.

A construtora forma parte da Unión Temporal de Empresas (UTE), xunto a Misturas, que se encarga da conservación das estradas convencionais da Xunta de Galicia nesta provincia, e que acaba de iniciar o denominado “Plan de Vialidade Invernal”, co obxectivo de que todas as vías de titularidade autonómica estean en condicións óptimas de circulación.

A UTE coordina os traballos para toda a provincia desde o Centro de Conservación situado en Santa Mariña, no termo municipal de Ourense, mobilizando unha gran cantidade de medios materiais e humanos. Ademais dos operarios que durante todo o ano traballan na conservación, súmanse sete traballadores de reforzo para a época invernal – o plan da Xunta está en funcionamento ata o próximo 30 de abril -.

Entre os equipos dispoñibles para facer fronte á climatoloxía adversa dos meses máis fríos destacan os camións quitaneves, dotados de saleiros e esparexidores de salmoira, vehículos lixeiros, furgonetas e maquinaria pesada para eventuais actuacións (camións e retroescavadoras de apoio).

Voltar