Novas

Patrocinio dos V Encontros de Enxeñería de Camiños 2019

Extraco quixo sumarse á celebración do 40 aniversario da Demarcación de Galicia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, e fíxoo cun apoio directo colaborando coa celebración dos V Encontros de Enxeñería de Camiños 2019, que organiza a entidade colexial durante todo o 2019.

Para conmemorar estas catro décadas de historia, a actual xunta reitora puxo en marcha un extenso programa de actividades e eventos que se desenvolverá ao longo de todo o ano e que inclúe xornadas técnicas, mesas redondas e cursos sobre temas tan diversos como o ferrocarril, o saneamento, a auga ou a mobilidade…, exposicións, edición de libros, torneos deportivos, actos de homenaxe aos enxeñeiros que celebran 50 anos de profesión ou a entrega do Premio San Telmo para a obra de enxeñería civil máis representativa de Galicia acabada nos dous últimos anos. Este ano o galardón recae na autovía de acceso á Coruña (treito As Lonzas-Zapateira e V-14 Terceira Rolda Treito III).

O acto central destes V Encontros será a Gala de entrega das medallas ao Mérito Colexial de Galicia. Neste evento, aínda sen data, recoñecerase a aqueles colexiados que desenvolvesen actuacións de incuestionable valor e que supoñan achegas notables ao prestixio da profesión. Ademais, entregaranse insignias conmemorativas aos colexiados que cumpran 25 anos de profesión e recibirase aos novos colexiados. Así mesmo, durante o transcurso da gala poderase ver unha peza audiovisual que mostrará as obras máis destacadas das empresas patrocinadoras deste evento, como Extraco. MáIs información en https://www.caminosgalicia.gal/es

Voltar