Novas

Ourense e Celanova, unidas por unha autovía que xestiona unha sociedade participada por Extraco

A nova autovía Ourense-Celanova, construída polas empresas ourensás Extraco e Copasa con un investimento de 121,8 millóns de euros e explotada por unha sociedade tamén participada por Extraco, comprende 18.744 metros de lonxitude e ten 25,5 metros de anchura. Consta de dúas calzadas separadas por unha medianeira de formigón, con dobre carril de 3,5 metros, beiravía exterior de 2,5 e interior de 1,5.

O trazado inclúe tres viadutos de notable envergadura, o de Rego do Porto, de 160 metros; o de Arnoia, de 199, e o de Ourille, de 120. Construíronse tamén 13 pasos superiores e 18 inferiores. Consta de cinco accesos, o primeiro para facilitar unha cómoda conexión desde a A-52 e os demais situados en A Merca, A Barxa, Celanova Centro e Celanova Sur.

A autovía da servizo a unha área na que residen 130.000 persoas e foi deseñada cuns elevados patróns de seguridade.

A sociedade concesionaria, Aucel S.A, foi creada no ano 2009 e está participada por Extraco. Explota a infraestrutura a través dun peaxe na sombra cunha duración de 30 anos. A obra foi inaugurada o pasado 28 de xaneiro polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Voltar