Novas

A feira Innovacarretera aborda un proxecto de I+D+i liderado por Extraco

Extraco estivo presente na 30ª edición da Semana da Estrada que se celebrou a finais de outubro en Santiago de Compostela, un dos congresos de maior prestixio en España sobre infraestruturas viarias, promovido pola Xunta de Galicia e organizado pola Asociación Española de la Carretera (AEC), coa colaboración da Asociación Técnica de Carreteras (ATC) e a Asociación Española de Fabricantes de Mezclas Asfálticas (Asefma).

O evento tivo seis retos principais: redefinir o modelo de xestión e conservación da rede, reducir as cifras de accidentes, solucionar os problemas de explotación, responder ao desafío tecnolóxico pendente, garantir unha mobilidade eficiente e sustentable, e sintonizar coas inquietudes dos cidadáns.

Unha das novidades da presente edición foi a celebración, de forma paralela, da feira ‘Innovacarretera’, un evento organizado pola Plataforma Tecnológica Española de la Carretera (PTC), para a demostración de produtos e servizos innovadores de aplicación ás infraestruturas viarias e no que participou activamente Extraco, coa presentación dun dos seus proxectos de I+D+i, ‘TOPACIO: Tecnoloxías de Optimización da xestión de infraestruturas para a prevención de incendios forestais”.

Xunto a Extraco, forman parte desta investigación as empresas Conexiona, San2 e Aeromedia, así como o Grupo de Xeotecnologías Aplicadas (GEOTECH) da Universidade de Vigo e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, como centros de investigación subcontratados.

TOPACIO foi seleccionado na convocatoria Conectapeme 2018 pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, para ser cofinanciado por este organismo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) ( Expte. IN852A 2018/37).



Voltar