2025 Ago 3
A depuradora de residuais de Cambados duplica a súa capacidade de tratamento
Proxectada para o tratamento dun caudal medio diario de 12.000 m³ e unha capacidade de depuración estimada para unha poboación de 40.000 habitantes, a Estación Depuradora de Augas Residuais de Tragove (Cambados) dispón agora dun sistema de tratamento biolóxico con cámara anóxica para eliminación de nitróxeno e con precipitación química de fósforo, ademais de desinfección mediante raios ultravioleta previa ao bombeo do emisario submarino.
As obras acometidas por Extraco, por encargo de Augas de Galicia, permitiron duplicar a capacidade de tratamento da planta, ampliando os sistemas de decantación e incrementando os caudais de recirculación na instalación.
Tamén se acometeu a renovación dos equipos e sistemas de tratamento, co fin de cumprir os obxectivos de depuración de augas residuais dos núcleos de poboación da contorna.
A obra foi co-financiada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).





