Novas

Extraco presenta os avances do proxecto ‘Biovalvo’ no Congreso Internacional de Estruturas de ACHE

Extraco deu a coñecer na sétima edición do Congreso Internacional de Estruturas de ACHE (“Asociación Científico-técnica del Hormigón Estructural”) os avances do proxecto de I+D+i ‘Biovalvo’, no que participa dende hai varios anos xunto coa Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña (UDC). A empresa presentou un relatorio titulado ‘Cimentación dun edificio experimental con formigón en masa e áridos de cuncha de mexillón’.

O evento, organizado por ACHE, celebrouse na Coruña en xuño pasado, e nel participaron expertos de diferentes países para presentar as últimas novidades en ámbitos como a investigación en novos materiais de construción, a realización de obras de enxeñería civil e de edificación, ou a xestión e mantemento de estruturas, entre outros.

O Departamento de I+D de Extraco realizou a exposición xunto a representantes da UDC e centrouse nos novos materiais empregados no deseño dun módulo de bioconstrucción experimental resultado do proxecto ‘Biovalvo’, cofinanciado polo CDTI na convocatoria competitiva de proxectos de I+D Innterconecta. O obxectivo desta iniciativa foi investigar as posibilidades de utilización de distintos produtos derivados do residuo de cuncha de mexillón para elaborar  novos materiais de construción.

Este relatorio, xunto co resto de comunicacións presentadas no congreso, incluíuse no volume 68º ‘Especial Congreso’ da prestixiosa revista ‘Hormigón y Acero’, editada cada catro meses por ACHE.

Voltar