Novas

Extraco executará as obras de construción de dous centros de menores en Panamá

Extraco executará dous centros para menores en Panamá, unha vez que o presidente da República, Juan Carlos Varela, fixo entrega das ordes de proceder para iniciar as obras tanto do Centro de Transición de Pacora para mozos infractores como do Centro de Cumprimento Basilio Lakas en María Chiquita, na provincia de Colón.

En ambos os casos encargarase da redacción do proxecto, a xestión da aprobación municipal, o estudo de impacto ambiental e finalmente a construción dos inmobles.

O Centro de Transición de Pacora albergará a 108 mozos infractores e contará con tres pavillóns de aloxamento,  garita de control, clínica, cociña e comedor, tres aulas teóricas e tres aulas-obradoiro, dúas canchas multiusos, obradoiros, rúas internas e vereas, dúas torres de vixilancia, e toda a infraestrutura de servizos necesarios da urbanización.

Pola súa banda, o Centro de Cumprimento Basilio Lakas terá capacidade para 72 mozos e contará con tres pavillóns de aloxamento ou dormitorios, escola, garita de control, clínica, cociña e comedor, cancha multiuso e de fútbol, capela e torres de vixilancia.

Entre outras actuacións, que Extraco ven desenvolvendo en Panamá, figuran o centro penal Nova Esperanza en Colón, a rede de sumidoiros sanitarios de Parita, o sistema de rego e drenaxe de cordilleira no distrito de Boquerón ou o sistema de acueduto e planta de auga potable no distrito de Pozos.

Voltar