Novas

Extraco colabora coa UDC no comité asesor externo do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil

A dirección de Extraco participou o pasado mes de setembro na reunión do comité asesor científico externo da Agrupación Estratéxica do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (A-CITEEC) da Universidade da Coruña (UDC). Este comité está formado por representantes institucionais e empresariais de recoñecido prestixio, vinculados coas actividades científicas da agrupación, asesorando sobre a estratexia xeral da mesa para reforzar o vínculo co tecido empresarial e a colaboración en materia de I+D.

Extraco colabora periodicamente coa institución universitaria coruñesa en numerosos proxectos de investigación. Actualmente traballa activamente con investigadores do Grupo de Construción (gCONS) no desenvolvemento do proxecto ‘Alfiller: Valorización do filler de recuperación de plantas asfálticas para o desenvolvemento de eco-produtos de base cemento’, seleccionado na convocatoria pública competitiva Conectapeme 2018 para ser cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) – Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Extraco tamén participou con gCONS nos proxectos “Biovalvo” e “Cenicienta”, colaborando ademais co Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) no proxecto “Zeolitas”, relativo á depuración de augas residuais.

Voltar