Novas

O paso superior de acceso á Estación de Autobuses de Pontevedra encara a súa fase final de construción

As obras de humanización da Estación de Autobuses de Pontevedra experimentaron importantes avances durante o pasado mes de maio, ao acometerse o paso superior de acceso á estación desde A Avenida de Xosefina Arruti. As imaxes que seguen mostran, a vista de dron, o proceso de construción deste paso, que cruza sobre un tramo do río Gafo e que quedará reservado para o acceso dos autobuses ás novas dársenas de pasaxeiros.

Estas obras, realizadas por Extraco para a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, son parte do proxecto da nova estación intermodal de Pontevedra. Nos traballos de humanización exterior encargados a Extraco destacan o paso superior antes mencionado, a reordenación do antigo aparcamento da estación e a rehabilitación ambiental dun tramo do río Gafo (o máis próximo á Avenida da Estación), que quedará ao descuberto e contará cunha pasarela peonil de madeira para uso dos veciños. No conxunto dos traballos tamén se incluíu unha pérgola de comunicación entre a estación de autobuses e a estación de ferrocarril.

Está previsto que esta fase da estación intermodal esté terminada a finais deste verano.

Voltar