Novas

Comezan os traballos de mellora estrutural da estrada LO-20 en Logroño

Extraco iniciou neste mes de outubro os traballos de mellora estrutural do firme na estrada LO-20 ao seu paso por Logroño, desde o límite entre as comunidades de La Rioja e Navarra ata o cruzamento a distinto nivel entre a autovía A-13 e a rúa Madre de Dios de Logroño. Trátase dunha obra cun importante investimento que terá unha duración aproximada de 10 meses.

A empresa deberá facer fronte á rehabilitación estrutural do firme en tronco, ramais e vías de servizo en varios puntos quilométricos da LO-20 e doutras dúas estradas, a A-12 e a A-13. En total, actuarase en 9,6 km de tronco de autovía en ambas calzadas da LO-20, en 1,4 km da A-12 e en 3,07 km da A-13. As actuacións desenvolveranse principalmente no concello de Logroño, aínda que existe unha pequena zona correspondente ao municipio de Navarrete.

Os traballos comprenden unha importante actuación para recuperar estas vías, deterioradas polo paso do tempo e a circulación intensiva. Para iso levarase a cabo a substitución da actual capa de rodaxe, fresando e repoñendo a capa intermedia en diversas zonas das vías, así como nos principais ramais e  enlaces situados dentro da zona de actuación, de titularidade estatal.

Con esta rehabilitación, as vías gañarán en seguridade e reducirase a contaminación acústica, posto que o tráfico diario nesta zona é moi intenso.

Voltar