Novas

Visita ministerial ás obras do Centro de Cumprimento de María Chiquita en Panamá

Os traballos de construción do Centro de Cumprimento Basilio Lakas en María Chiquita, na provincia panameña de Colón, que executa Extraco en consorcio con Lakas e Domar, avanzan a bo ritmo. A ministra de Goberno María Luisa Romero visitou días atrás as instalacións, acompañada polo bispo da Diócese de Colón e Kuna Yala, Monseñor Manuel Ochogavía, para comprobar o desenvolvemento das obras.

Este centro de menores terá capacidade para albergar a 72 mozos e contará con tres pavillóns de aloxamento ou dormitorios, escola, garita de control, clínica, cociña e comedor, cancha para múltiples usos e de fútbol, capela relixiosa e torres de vixilancia.

Ademais da construción, o consorcio de empresas encargouse da redacción do proxecto, a xestión da aprobación municipal e o estudo de impacto ambiental.

Dende o propio Goberno explicaron que a construción deste moderno centro busca establecer unha infraestrutura apta para que os adolescentes poidan continuar os seus estudos e aprender novas disciplinas, que lles axuden a reinserirse na sociedade.

Voltar