Novas

Reposición urxente dun noiro na localidade portuguesa de Penacova

Operarios de Extraco-Portugal afrontan desde hai uns días os traballos de reconstrución e fixación dun noiro na localidade portuguesa de Penacova, concretamente na zona de Foz de Caneiro, na estrada nacional 110 (EN 110). A obra foi adxudicada con carácter urxente por Estradas de Portugal (EP) despois de que o pasado 15 de xaneiro se producisen desprendimentos dunha ladeira sobre a calzada, causando importantes danos e provocando o peche da vía e o desvío de tráfico por trazados alternativos.

Representantes de EP aplaudiron a rapidez con que se completou todo o procedemento administrativo de contratación da obra, estimando que se executará nun período aproximado de tres meses. A complexidade da actuación obriga a utilizar maquinaria robotizada para evitar riscos aos traballadores.

Voltar