Novas

Reforzo dos piares no Paseo Marítimo de Castro Urdiales

As obras para reforzar os piares do Paseo Marítimo de Castro Urdiales, en Cantabria, continúan a bo ritmo e prevese que estean finalizadas antes do verán. Os traballos iniciáronse o pasado mes de outubro cun prazo de execución de seis meses, pero Extraco tivo que paralizar as tarefas en varias ocasións durante este inverno por culpa dos fortes temporais que afectaron á zona.

Esta obra, contratada pola Consellería de Obras Públicas de Cantabria, ten por obxectivo a reparación de todos os piares do paseo, nun tramo de 400 metros de lonxitude por 10 metros de anchura. Para iso realizouse un saneamento previo dos formigóns e armaduras, cun material protector anticorrosión. A actuación prevista implica tamén a impresión de fibra de vidro para encamisar os piares e a aplicación de formigón fluído para recubrilos. Así mesmo, os traballos inclúen algunhas reparacións nas laxas nas que existen elementos de drenaxe.

Xunto a Extraco participa tamén neste proxecto a empresa Misturas . Ambas forman a UTE “Estructura Puerto Castro Urdiales”.

Voltar