2025 Set 29
Recuperada para uso peonil a área de conexión do casco histórico e o complexo do auditorio de Ourense
A obra de humanización e mobilidade vertical da contorna da praza das Mercedes e a rúa de Arturo Pérez Serantes, é dicir, a conexión do casco histórico ourensán coa zona do auditorio municipal, permitiu recuperar para uso cidadán unha ampla área degradada, ocupada antes por vehículos estacionados ou en circulación.
O proxecto, executado por Extraco por iniciativa do Concello de Ourense, incluíu a instalación de tres elementos mecánicos, dúas escaleiras e unha rampla, e dotou este espazo dunha plataforma única adaptada á topografía e pendentes existentes.
O obxectivo era humanizar a zona, permitindo que o percorrido peonil natural entre as dúas áreas da cidade beneficiadas pola actuación resultara máis cómodo e directo, con evidentes melloras das condicións de mobilidade.





