Novas

Novo edificio sostible para a empresa municipal de augas de Sevilla

A Empresa Metropolitana de Abastecimiento y Saneamiento de Aguas de Sevilla (Emasesa) conta cun novo centro de traballo en San José de la Rinconada, un edificio de soto e dúas plantas construído con criterios altamente sostibles.

No soto, destinado a garaxe, instaláronse cargadores para vehículos eléctricos, mentres que a fachada sur e a cuberta teñen paneis fotovoltaicos para reducir o consumo enerxético do inmoble. Toda a fachada, ventilada, é de aluminio con vidro laminado de seguridade con dobre cámara e aplicación de gas argón para un maior illamento térmico e unha mellor insonorización.

O presidente de Emasesa e alcalde de Sevilla, José Luis Sanz, e o alcalde de La Rinconada, Javier Fernández, inauguraron oficialmente esta obra de Extraco a principios deste mes de outubro.

Voltar