Novas

Novas contratacións de Extraco en Perú que inclúen melloras e construción de varios centros de ensinanza

A actividade de Extraco en Perú foi paulatinamente incrementándose desde a súa chegada ao país andino a finais de 2012 e viuse impulsada no último ano coa adxudicación de distintas obras, entre elas varias dirixidas á mellora de infraestruturas educativas. Nesta relación figuran a construción do novo colexio Juan Manuel Iturregui, na rexión de Lambayeque, e a adecuación, mellora e substitución do centro Ventura Ccalamanqui, en Barranca (Lima).

Esta segunda obra iniciouse hai aproximadamente un ano e atópase xa moi avanzada, mentres que a primeira, a do colexio Juan Manuel Iturregui, arrincou no último outono, estando prevista a súa conclusión o próximo verán. Da boa marcha desta actuación deixou constancia recentemente a directora da Unidade de Xestión Educativa Local de Lambayeque, Zoila Uriarte, durante unha visita á zona en compañía doutros representantes da comunidade escolar. Os dous proxectos foron impulsados polo Ministerio de Educación de Perú, dentro do denominado Programa Nacional de Infraestrutura Educativa (Pronied).

A actividade actual de Extraco en Perú en relación con centros de ensino inclúe tamén actuacións de mellora e ampliación de servizos educativos do nivel inicial de escolarización nos distritos de Santo Tomás, Llusco e Quiñota da provincia de Chumbivilcas (Cusco).

Voltar