Novas

Os bombeiros de La Rinconada estrean novo edificio para o parque comarcal

O concello sevillano de La Rinconada estreou recentemente un novo edificio para o parque comarcal de bombeiros, construído por Extraco por encargo da Diputación Provincial de Sevilla. A obra consistiu nun novo inmoble de soto (almacén e aparcamento), planta baixa (hangar para vehículos de intervención e as súas instalacións, sala de formación e vestiarios), planta primeira (sala de reunións, despachos, dormitorios, comedor e ximnasio) e torre de prácticas.

A parcela que ocupa o edificio supera os 2.700 metros cadrados (uns 1.600 de superficie construída) e ten tres zonas de patio. O inmoble está situado a carón das dependencias da denominada Central Mixta de Seguridad, compartida por Policía Local e Garda Civil, e da sede de Protección Civil, formando un complexo que adoptou o apelativo de “Ciudad de la Seguridad”.

Voltar