2024 Dec 20
Lebrija estrea estación de autobuses deseñada para a súa integración urbana
A nova estación de autobuses de Lebrija (Sevilla), construída por Extraco por iniciativa da Junta de Andalucía, xa finalizada e recepcionada, tivo dúas intervencións diferenciadas, por unha banda o edificio en si mesmo, con área para viaxeiros, baños e cafetería, xunto coa cuberta para plataforma e espera, e por outra a urbanización da zona.
A construción é de formigón visto con muros cortina e a cuberta de chapa grecada con notables condicións de resistencia a situacións ambientais extremas.
A instalación consta de tres dársenas cubertas e outro posto de estacionamento adicional, e púxose especial coidado na solución de accesos, manobra e parada de buses, con fácil acceso peonil. O edificio terminal conta cunha superficie construída de 226 metros cadrados.
Todo o deseño buscou unha adecuada integración urbana e una substancial mellora da mobilidade funcional.