Novas

A Escola de Minas e Enerxía de Vigo recoñece a traxectoria de Extraco e o seu apoio á Universidade

A Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo (UVigo) recoñeceu a traxectoria de Extraco, outorgándolle un diploma de agradecemento pola súa colaboración nos ámbitos da docencia e da investigación.

A Escola celebrou en Vigo, en xullo pasado, o acto académico de gradación dos alumnos das distintas titulacións que se imparten no centro e aproveitou o evento para conmemorar o seu XXV aniversario, entregando diplomas acreditativos a aquelas empresas e institucións que, durante máis de dúas décadas, apoiaron activamente as súas actividades, como a acollida de estudantes en prácticas nas compañías ou impulsando e promovendo proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i).

Extraco foi unha das firmas recoñecidas no evento, ao que asistiron a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, María Asunción Longo; a directora da Escola de Minas, Natalia Caparrini, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Video Evento

Voltar