Novas

Iniciativa de Extraco en Perú para sensibilizar a estudantes no coidado do medio ambiente

Extraco S.A – Sucursal Perú desenvolveu varias sesións informativas en institutos para sensibilizar aos estudantes sobre a importancia do coidado do medio ambiente.
Estas charlas, que tiveron lugar a finais de 2018, forman parte das accións de sensibilización e difusión da obra ‘Construción da Infraestrutura de Disposición Final Recheo Sanitario para as cidades de Tarapoto, Morales, La Banda de Shilcayo, Cacatachi, Juan Guerra e Sauce, provincia de San Martín – San Martín’-, uns traballos impulsados pola Municipalidad Provincial de Tarapoto e executados por Extraco.
Concretamente, as sesións informativas foron dirixidas a estudantes de educación secundaria e superior dos centros I.E.S. Tarapoto, I.E.S. Juanita del Carmen Sánchez Rojas e I.E.S. José María Arguedas. Así mesmo, levou a cabo unha xornada de capacitación dirixida aos alumnos de enxeñería ambiental da Universidad Peruana Unión e aos estudantes da Escola Técnica Superior PNP – ETS Tarapoto.

Voltar