Novas

Ged Integral colabora na extinción dun incendio na Serra de Gata

A empresa Ged Integral, participada por Extraco, interveu de forma activa este mes de agosto nos labores de extinción dun gran incendio en Villabuenas de Gata, en Cáceres. Varios medios de comunicación e portais dixitais fixéronse eco do suceso, que sierradegatadigital.es narra a través das palabras do responsable da empresa na zona da Serra de Gata e Las Hurdes, Carlos Asensio, que colaborou durante horas para acabar coas lapas.

Ged Integral puxo a disposición das autoridades todos os seus recursos materiais para combater o lume, e enviou personal dende Cáceres para colaborar no operativo.

As direccións de Ged Integral e de Extraco estiveron en permanente contacto cos seus operarios, poñendo a disposición da Serra de Gata todo o material dispoñible para axudar a sufocar o incendio.

Xunto a Carlos Asensio, medio centenar de veciños de Santibáñez el Alto e Villasbuenas de Gata traballaron duro ao longo da xornada do 6 de agosto para evitar que as chamas se propagaran cara o Leste e cruzaran a estrada EX-109.

Ged Integral S.A., con sede social en Cáceres e constituída en 2002, dedícase a todo tipo de obras e servizos, tanto do sector da construción como de áreas ambientais. Está especializada en proxectos de restauración ambiental, traballos silvícolas e forestais, reforestacións, zonas verdes, parques, xardíns, e áreas de ocio e recreo.

Entre os traballos realizados na zona da Serra de Gata figuran a piscina de Torre de Don Miguel, o acondicionamento de varios regatos ou diferentes proxectos forestais en Robledillo de Gata e na Al

Voltar