Novas

Extraco traslada a Allariz unha moderna planta adaptada para maximizar a fabricación de aglomerado asfáltico

Arredor de 40 persoas traballan na División de Asfaltos, dedicada a fabricar mesturas betuminosas para reparación de vías e construción de novas infraestruturas.

Extraco trasladou á localidade ourensana de Allariz a súa planta de fabricación de aglomerado asfáltico -anteriormente situada en Melide, A Coruña-, cunhas instalacións preparadas para producir ata 220 toneladas de mesturas bituminosas en quente por hora, independentemente das condicións de humidade. Un tambor secador (cribo xiratorio) e un filtro de mangas de modelo superior garanten uns altos niveis de produción, á marxe da higrometría que se rexistre en cada momento.

A factoría, que depende da División de Asfaltos, é obxecto de análise e estudos destinados a mellorar a súa produtividade e eficiencia enerxética, contribuíndo a ampliar as liñas de I+D desenvolvidas pola empresa. Estase a analizar, ademais, a posibilidade de incrementar o rendemento da planta diversificando a produción coa fabricación de betumes-caucho e co reciclado de firmes.

A instalación recibe a miúdo visitas de grupos de estudantes universitarios (na imaxe, alumnos da E.T.S. Enxeñeiros de Camiños da Coruña que acudiron ao complexo en Melide en 2011) aos que se mostra o proceso de produción de mesturas bituminosas.

A empresa realiza a análise de calidade dos materiais producidos nun laboratorio propio que se encontra situado na súa sede central de Ourense. Nestas instalacións pódense realizar ata 20 controis de calidade distintos, garantindo así unha produción correcta e que cumpre co marcado CE dos materiais fabricados.

Voltar