2025 Xan 24
Extraco aséntase como referente na rehabilitación estrutural de pontes en Portugal
Extraco especializouse nos últimos años na rehabilitación de pontes, tanto de construcións antigas como de infraestruturas moi recentes, no marco da súa crecente actividade en Portugal.
Deste xeito, neste momento está a acometer catro obras desta tipoloxía:
- Reforzo integral da ponte de Marateca (Liña Sur de Infraestruturas de Portugal), con importantes patoloxías tras medio século de servizo.
- Rehabilitación da ponte metálica de Vascão. A corrosión xeneralizada e a resistencia do aceiro, fabricado hai case 80 anos, aconsellan a substitución total do taboleiro.
- Viaduto e ponte de Ferradosa. Presenta o gran inconveniente de que os traballos deben desenvolverse mantendo en servizo as dúas infraestruturas.
- Reforzo das cimentacións da ponte do Tejo, construída en 1889 para o ferrocarril Guarda-Abrantes.
Hai outras tres obras recentemente adxudicadas a Extraco:
- Rehabilitación integral da ponte de San Miguel, en Lousada (Porto). Deberá substituírse a lousa de formigón armado por unha nova, o que requirirá a execución de micropiares para asegurar a capacidade portante do terreo da beira do río Barrosas.
- Dúas pontes de gran porte que cruzan a presa de Vigia, en Vale das Moitas, con múltiples patoloxías que obrigan a súa urxente reparación.
- Viaduto de Odelouca, na Autoestrada do Sul. De formigón armado con problemas de fisuras no taboleiro, nos elementos de apoio e nalgunha zapata, acrecentados por un funcionamento inadecuado da drenaxe.
A maiores existen un gran número de viadutos xa restaurados por Extraco nestes últimos anos ao longo da xeografía lusa, como a histórica ponte Rainha D. Amélia, a ponte da Praia sobre o Tejo, a ponte ferroviaria de São João en Porto, a ponte da Praia na liña férrea da Beira Baixa, as pontes de Cavez, Passos e Sabigode en Braga, a ponte ferroviaria sobre o río Âncora, os viadutos Criz I e Criz II, a ponte de Vala Nova, a ponte histórica de Dona María en Lagos, a ponte metálica de Belver sobre o Tejo, a ponte de Escravilheira, varios pontóns no distrito de Coimbra e a ponte de Pedorido en Castelo de Paiva.