Novas

EXTRACO reforza o seu desempeño ambiental e social implementando a verificación da pegada de carbono conforme ao GHG Protocol

EXTRACO implantou recentemente a verificación da pegada de carbono da súa actividade produtiva conforme ao Greenhouse Gas Protocol (GHG). Trátase do estándar corporativo de referencia, con maior implantación en todo o mundo, para medir e controlar a emisión á atmosfera de gases de efecto invernadoiro (GEI).

A incorporación deste protocolo á sistemática de operación de EXTRACO reforza o seu compromiso ambiental e social, por ser unha ferramenta voluntaria de responsabilidade social e sustentabilidade que vixía e cuantifica o impacto da empresa sobre o medio ambiente.

AENOR foi a entidade elixida por EXTRACO para a verificación da súa pegada de carbono, establecendo dous alcances no proceso de certificación:

Alcance 1: Emisións directas de Gases de Efecto Invernadoiro.

Alcance 2: Emisións indirectas de Gases de Efecto Invernadoiro por enerxía.

A implantación desta sistemática na compañía permitirá tomar medidas para reducir as emisións e mitigar os riscos asociados ao cambio climático, aplicando criterios de control máis transparentes e eficientes.

Voltar