Novas

EXTRACO, relator convidada nas xornadas “Materiais para o Futuro”, organizadas pola Axencia Galega de Innovación-GAIN

EXTRACO foi unha das empresas convidadas pola Axencia Galega de Innovación           (GAIN) como relatora no ciclo en liña “Materiais para o Futuro”, organizado por esta entidade xunto co  Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e Deseño de Ferrol (CIS Ferrol). En concreto, EXTRACO participou no segundo workshop do ciclo, celebrado o pasado 22 de outubro e titulado “Materiais para o contract”. A sesión estivo dedicada a explicar as características e aplicacións de materiais innovadores que, polas súas propiedades, son adecuados para o seu uso en arquitectura, mobiliario e decoración.

Na intervención de EXTRACO, titulada “Valorización de cinzas para a eco-construción de obra civil e edificación”, presentáronse materiais de construción deseñados no proxecto “Cenicienta”, da convocatoria CONECTAPEME 2016 (Ref. IN852A 2016/178): novos tipos de morteiros, formigóns e pavimentos que incorporan cinzas de fondo de central térmica na súa constitución. Xunto con EXTRACO participaron na xornada o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), o Grupo de Construción da Universidade da Coruña ( gCONS), Vertifil e Materially, ademais de responsables do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), nunha sesión técnica que abriu a Directora da GAIN, Patricia Argerey. Pode visualizar a presentación de EXTRACO na seguinte ligazón: https://vimeo.com/483571839

Voltar