Novas

Extraco amosa oportunidades de emprego a mulleres procedentes de concellos rurais

Un grupo de participantes no programa Rosalía, unha iniciativa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero impulsada coa colaboración da Xunta de Galicia e de fondos europeos, e desenvolvida pola Red Talento Consultoras, visitou as instalacións da sede central de Extraco en Ourense.

O obxectivo era esencialmente facilitar e dar a coñecer novas oportunidades de emprego a mulleres que, por proceder de contornos rurais, teñen menos opcións de acceso ao mercado laboral. En concreto proviñan dos concellos de Xunqueira de Ambía, Sandiás, Rairiz de Veiga, A Pobra de Trives, Ramirás, Barbadás e Vilar de Barrio.

O grupo puido coñecer a organización e funcionamento da empresa a través das explicacións das responsables de Calidade, Carina Fernández Sánchez, e do Departamento Xurídico, María José Pérez Listón.

Voltar