Novas

Extraco inicia a súa actividade en Panamá con obras de accesibilidade no Distrito de San Miguelito

O Distrito de San Miguelito, na capital panameña, é onde está localizada a primeira obra que executa Extraco no país centroamericano. Trátase de diversas actuacións de accesibilidade enmarcadas nun proxecto da Secretaría Nacional de Persoas con Discapacidade (Senadis). Este organismo entregou o pasado mes de decembro a orde de proceder á execución dos traballos (na imaxe).

En concreto, o título oficial da obra é o de Subministro de materiais e man de obra para a adecuación de accesibilidade ao contorno físico á información e á comunicación do programa apoio ao Plan Nacional de accesibilidade universal fortalecemento do Plan Estratéxico Nacional Comisión de Accesibilidade Fase II Rutas accesibles San Miguelito.

A actuación inclúe, entre outras accións, subministro de materiais, demolición de beirarrúas e construción dunha nova cun ancho mínimo de 1,2 metros e máximo de 1,5, reparación de beirarrúas, bordes e xardíns, habilitación de ramplas de acceso, paradas externas para persoas con discapacidade, e sinalización viaria, ademais de visual e sensitiva. O traballo beneficia aos corriximentos de Mateo Iturralde e Amelia Denis de Icaza do devandito Distrito de San Miguelito. O orzamento da obra é de 232.398,76 dólares, é dicir, uns 175.000 euros.

Voltar