Novas

Extraco executa as obras de mellora da seguridade viaria na rúa Otero Pedrayo de Ourense

Extraco resultou adxudicataria por parte da Xunta de Galicia das obras para mellorar a seguridade viaria na rúa Otero Pedrayo de Ourense, uns traballos que iniciará antes de que finalice o mes de marzo e que teñen un prazo de execución de 12 meses.

O proxecto de reforma céntrase na remodelación dos dous primeiros quilómetros desta avenida, co obxectivo de facilitar a integración urbana e reducir riscos para peóns e condutores. Desta forma actuarase nalgúns cruces e construiranse dúas glorietas, unha no acceso ao Campus Norte e á parroquia da Asunción e outra na entrada ao barrio da Rabaza.

Así mesmo mellorarase a travesía, reparando beirarrúas e construíndo outras novas, poñeranse a punto as actuais vías de servizo, renovarase a rede de abastecemento, drenaxe e saneamento, e instalarase iluminación LED. Os traballos tamén inclúen o arranxo do firme, a reordenación de aparcadoiros e a instalación de semáforos para facilitar a mobilidade.

Voltar