Novas

Extraco executa a ampliación do cárcere de Colón, en Panamá

Extraco desenvolve os traballos de ampliación do cárcere de Colón, en Panamá, tras ser adxudicataria da obra que impulsa o Ministerio de Gobierno y Justicia do país centroamericano, cun anteproxecto que foi realizado pola Dirección de Arquitectura e Ingeniería panameña. .

O proxecto contempla a construción de novos edificios nos que se distribuirán diferentes áreas: pavillón de celas, pavillón de comedor e outras celas, zonas de administración, salas de requisa e espera, cafetería, e salas de garda e de monitorización dos reclusos. Inclúe tamén o levantamento de catro novas torres de vixilancia para dotar ás instalacións das medidas de seguridade penitenciaria máis modernas, así como a demolición de varios edificios en estado ruinoso.

O presuposto desta obra, localizada na avenida de Simón Bolívar da cidade de Colón, ascende a un total de tres millóns de dólares e os traballos axudarán a paliar a actual saturación da antiga prisión coa dotación de 240 novas prazas para internos.

Voltar