Novas

Extraco constrúe en Panamá o sistema da rede de sumidoiros sanitaria do distrito de Parita

No marco do seu proceso de internacionalización,  Extraco desenvolve dende o pasado mes de marzo, dentro do Consorcio Parita Extraco-Joca, o proxecto de construción do sistema da rede de sumidoiros sanitaria do distrito de Parita, en Panamá, para o que xa empezou a colocar as canalizacións.

Esta obra, adxudicada en preto de 6.120.000 balboas (ao redor de 5,6 millóns de euros), contempla a instalación duns 22 quilómetros de canalizacións, 350 cámaras de inspección, unha estación de bombeo, unha planta de tratamento e a adecuación das liñas domiciliadas.

A actuación enmárcase dentro dunha iniciativa moito máis ambiciosa do goberno panameño, denominada “Programa 100% Auga Potable e Sanidade Básica”, pola que tamén se mellorará a rede de distribución de auga potable da zona. O presidente da República de Panamá, Juan Carlos Varela Rodríguez, visitou hai uns meses as obras para inspeccionar o avance dos traballos, que beneficiarán a máis de 12.000 habitantes do distrito, situado na provincia de Herrera.

Voltar