Novas

Extraco apoia a implantación en Ourense do Máster de Enxeñería Aeronáutica

Extraco manifestou publicamente o seu apoio á implantación en exclusiva no campus de Ourense do Máster en Enxeñería Aeronáutica a través dunha carta enviada á Escola de Enxeñería Aeronáutica da Universidade de Vigo, asinada polo presidente do Consello de Administración da empresa, Pablo Prada Valencia.
Na misiva, Prada expón ademais que este máster é de interese para a compañía e supón unha oportunidade única para dinamizar e impulsar a educación superior no campus ourensán, abrindo novos campos para o progreso científico-tecnolóxico en Galicia.
O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou o pasado mes de marzo as declaracións de interese para varias titulacións de grao e máster para o próximo curso 2020-2021, entre elas a tramitación do Máster en Aeronáutica no campus de Ourense. A xunta de centro da Escola de Enxeñería Aeronáutica pedira que esta nova titulación fose exclusiva do campus local no Sistema Universitario de Galicia, do mesmo xeito que ocorre co Grao en Enxeñería Aeroespacial. Cando se implante este máster os futuros graduados poderán continuar en Ourense cos estudos que lles permitirán exercer a profesión regulada de enxeñeiro aeronáutico.

Voltar