Novas

Extraco amplía o seu parque de maquinaria pesada

Coa incorporación de distintos equipos especializados para obras de firmes, aglomerado asfáltico e a conservación de infraestruturas do transporte, Extraco acaba de pechar unha nova ampliación do seu parque de maquinaria pesada.

Destacan entre estes equipos unha fresadora Wirtgen (modelo 200i) e un rodete Hamm (modelo HD-12). Con estas adquisicións, Extraco aposta pola modernización da súa División de Asfaltos, que inclúe dous equipos de traballo completos para a posta en obra de aglomerado asfáltico e dúas plantas de produción de firmes, tanto en frío como en quente. Así mesmo, a incorporación destas máquinas contribuirá a fortalecer a liña de actividade industrial no campo da construción de obra civil.

A operación inclúe tamén a compra de dous novos tractores John Deere (modelo 6115) dotados con brazos para rozar Orsi (modelo 555), que se utilizarán para os diferentes contratos de conservación de infraestruturas, concretamente nas tarefas de roza e limpeza de maleza nas marxes das estradas. A empresa prevé comezar a utilizar estes tractores nas vías convencionais da Xunta de Galicia na provincia de Ourense, cuxo contrato de conservación e explotación executa Extraco en UTE con outra compañía ourensá.

Voltar