Novas

Expansión sitúa a Extraco no posto 14 do ‘Top 50′ das empresas medianas españolas

Expansión situou á construtora Extraco no posto 14 do listado das 50 empresas máis competitivas de mediana dimensión en España, baseándose no estudo elaborado polo Círculo de Empresarios e a consultora ATKearney ‘Las 50 empresas medianas españolas, selección de casos de éxito’.

A información do prestixioso xornal económico clasifica as compañías de referencia polo seu número de empregados, seguindo un dos baremos utilizados no citado informe e que deixa á firma con sede en Ourense no posto 14, con 174 empregados, e no primeiro lugar tendo en conta o seu sector, o da construción.

Ademais do tamaño, no estudo presentado esta mesma semana polo Círculo de Empresarios téñense en conta tamén outra serie de variables como a capacidade de internacionalización e innovación, a autonomía de xestión, a produtividade (vendas/empregado), a marxe EBIT (EBIT/vendas) e o ROA (Beneficio neto/Activo Total). Así mesmo, o período de tempo no que se centra o informe abrangue dende2006 a2011.

Tendo en conta a puntuación de todos estes conceptos, o estudo sitúa a Extraco no posto 23 entre as compañías de tamaño medio de España, e no segundo lugar entre as construtoras de edificios.

Finalmente, a información recollida en Expansión fai referencia tamén a que a media de empregados das 50 empresas seleccionadas é de 148, un 58% máis que o conxunto de compañías de tamaño medio, cun crecemento do emprego do 32% entre o comezo e o desenvolvemento máis avanzado da crise, que o informe sitúa entre 2006 e 2011. Así mesmo, Cataluña é a comunidade autónoma con máis empresas competitivas desta dimensión, seguida pola Comunidade Valenciana e a Rexión de Murcia. Só tres firmas galegas de tamaño medio están incluídas neste ‘Top 50′.

Voltar