Novas

O viaduto do novo acceso a Igualada capta a atención dos enxeñeiros técnicos de obras públicas

O último número da revista Cimbra, editada polo Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas, dedica unha ampla reportaxe ao novo acceso Sur a Igualada, unha obra executada en UTE por Extraco por encargo de Infraestructuras de Catalunya.

O artigo, asinado por Francisco Javier Prego Martínez, céntrase principalmente no singular viaduto metálico sobre o río Anoia. Con tres vaos e un arco central sobre o principal, a estrutura ten unha lonxitude de 116,4 metros de taboleiro continuo sen xuntas interiores e un ancho de 17,5. A tipoloxía do vao que cubre a zona de fluxo preferente do río corresponde á dun arco con taboleiro inferior atirantado mediante bowstring que, neste caso, se resolveu cun arco central cunha altura de 7,8 metros sobre a rasante. O artigo describe con todo detalle as características e o proceso construtivo da ponte.

A obra comprendeu tamén unha estrada cunha lonxitude de algo máis dun quilómetro con catro rotondas. Dúas delas, de 50 metros de diámetro cada unha, serven de conexión coa C-37, no P.Q. 64,3 do tramo entre Vilanova del Camí e Igualada.

A vía salva a Riera da Garrigosa cun taboleiro de 10,70 metros de ancho e o camiño da Fasina con outra rotonda de dimensións similares ás anteriores. A cuarta glorieta conecta o cruce das rúas do Rec e da Misericòrdia, xa na localidade de Igualada.

Acceso á revista (o artigo empeza na páxina 47):

https://www.yumpu.com/es/document/read/70888276/cimbra-revista-428

Voltar