Novas

O Informe Ardán inclúe a EXTRACO na clasificación de empresas intelixentes de Galicia

Extraco foi incluída por primeira vez entre as “empresas intelixentes” de Galicia, dentro do Informe Ardán Galicia 2020, que ofrece anualmente unha radiografía da economía da comunidade desde o punto de vista empresarial.  O estudo, elaborado pola Zona Franca de Vigo en colaboración coa Cátedra Ardán da Universidade de Vigo (UVigo), analizou 1200 empresas do tecido empresarial de Galicia, seleccionando as 140 organizacións que presentan un maior valor engadido por empregado, a partir de diversos indicadores de relevancia empresarial como son a rendibilidade financeira da compañía, estabilidade no emprego, inversión en I+D ou equilibrio de xénero.

Extraco revalida ademais o Indicador Ardán Empresa Innovadora 2020, que destaca o esforzo en I+D desenvolvido pola compañía no último año.

Máis información en: Ranking ARDÁN Empresas Inteligentes 

Voltar